Saturday 18 de May de 2024

UxO insta ao alcalde a introcucir medidas que favorezan a libre concorrencia nos contratos menores


Silvia Marín Pereiro, Portavoz Municipal de Unión Por Ordes (UxO), ao abeiro do disposto no artigo 97 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais, presenta a seguinte MOCIÓN sobre medidas de mellora da transparencia na contratación menor do Concello de Ordes

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No Concello de Ordes estamos asistindo a unha multiplicación da contratación menor, co obxectivo de reducir as esixencias da tramitación, mediante, en moitos casos á apelación a urxencias inaprazables con limitación das regras de publicidade, o que está a contribuir a xerar unha desconfianza que podería ser correxida coa mellora das regras de transparencia e libre concorrencia na xestión da contratación menor por parte do Goberno Municipal.

Esta necesidade non é baladí, xa que estas actuacións de aumento da transparecia na contatatación contribuen a rexenerar o sistema democrático e a mellorar a imaxe que a cidadanía ten das institucións. Nese sentido, na contratación pública, a aparición por Lei do «Perfil do Contratante» foi unha notable mellora nese sentido.

Con todo, é recomendable introducir medidas no ámbito local que melloren a transparencia e favorezan a libre concorrencia nos contratos menores, partindo da premisa de que o Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público establece uns criterios mínimos en orde á necesidade de garantir a transparencia e a libre concorrencia na contratación administrativa, criterios que, como é obvio, poden ser obxecto de mellora no exercicio das competencias que a autonomía local reserva aos municipios.

En conclusión, os principios xerais de libre concurrencia, igualdade e non discriminación da contratación administrativa, tamén deben estar presentes na contratación menor, e ese obxectivo é o que inspira a presente iniciativa de Unión Por Ordes.

Por todo isto o Grupo Municipal do UxO propón ao Pleno da Corporación

Municipal a adopción do seguinte

ACORDO

O Pleno da Corporación Local, en exercicio das competencias que lle confire a lexislación en rexime local, establece que os contratos menores de obras por contía superior a 6.000 euros e de servizos e subministro por contía superior a 2.000 euros, deberá conter, como mínimo, a seguinte tramitación administrativa:

1) Unha proposta inicial de adquisición razoada, detallada e valorada, na que, como mínimo, figurarán: obxecto, orzamento de licitación, financiamento, forma de pago, prazo de execución e dereitos e obrigas das partes e criterios que se utilizarán para das ofertas e a súa ponderación.

2) Solicitude de tres ofertas como mínimo, que poderá ser realizada mediante consulta directa a empresas ou profesionais, debendo xustificarse as razóns que motivan a elección das citadas empresas ou profesionais; en calquera caso, o anuncio de solicitude de ofertas publicarase tamén no Perfil do Contratante, aos efectos de garantir a libre concorrencia.

3) As ofertas serán presentadas en sobre pechado e serán abertas en Unidade de Acto polo órgano de contratación, en presencia do secretario municipal, quen, na súa condición de fedatario público, levantará acta do contido das ofertas.

4) Unha vez realizadas as comprobacións pertinentes, a fin de acreditar o cumprimento polas entidades ou proofesionais ofertantes dos requisitos para contratar (en especial atoparse ao corrente das obrigas tributarias e de seguridade social), dictarase resolución motivada polo órgano de contratación, na que se adxudicará a realización do contrato e se establecerán os elementos esenciais da relación contractual: obxecto, prezo, forma de pago, prazo de execución e dereitos e obrigas recíprocos.